Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 17,00 Eur
  • 16,15 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 210
  • Formato: 21x14 cm
  • Edición: 01092011
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Editorial: LAIOVENTO
  • Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet

    O incerto señor don Hamlet

  • 9788484872092
  • Autor: Manuel Castelao Mejuto

  • ALVARO CUNQUEIRO O Incerto Señor Don Hamlet Midamos a grandeza do estro de Cunqueiro: confróntase con Shakespeare, referente máximo da arte dramática, para reescribir un texto axial, o Hamlet. ¿E cal é o punto onde «corrixe» a materia hamletiana? No que abrangue o núcleo dos afectos, as relacións do pai e da nai co fillo, o desexo e a raíz do ser. Pode dicirse que nunca a fórmula coloquial «¿e ti de quen vés sendo?», clave da identidade no noso mundo tradicional, acadou sublimación artística de máis altura. Cunqueiro explorou e mobilizou todos os recursos que a lingua e a cultura lle entregaron, no terreo da representación, para elaborar esa pregunta, que adquire, na desacougante singradura de arestora, un carácter perentorio: cuestión de sermos ou non sermos. Abafala é a peor das respostas, pois, contra o que soñou Cunqueiro, ningunha obra literaria, por si, é capaz de fornecer á vida de Galiza mil primaveras máis; só a comunidade en que os lectores se tornen actores para unha representación que impulse a nosa autoconstrución interminábel. A ela, Cunqueiro, para alá dos abxectos ires e vires nos vencellos co poder franquista, xa deu o seu contributo e o que no Don Hamlet ficou é unha vigorosísima alerta contra a autoconsunción que nos ameaza como forma derradeira da agresión secularmente padecida.
  • 17,00 Eur
  • 16,15 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock