Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 15,00 Eur
  • 14,25 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar

    Caracteristicas

  • Páginas: 240
  • Formato: 24x16,5x1,80 cm
  • Fecha Edición: 2020
  • Edición: 24022020
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Peso: 0,50 kg.
  • Editorial: HÉRCULES
  • A maxia da auga

  • 9788412097481
  • Autor: Afonso Eiré López

  • Case todas as lendas ancestrais galegas teñen algo en común; están, dun xeito ou doutro, relacionadas coa auga. Galiza é terra de augas. E hai fontes como as do Faro que poden ser beneficiosas, pero tamén hai fontes malas. Se non que llo digan a un peregrino que ía cara a Compostela e, na vez de seguir subindo, volveu para Penasillás. Cal é a causa de que en Galiza agochemos as pantasmas mentres en Escocia son reclamo turístico? Non queremos que se saiba o que pasa nas nosas casas como acontece na do Alcalde en Mouricios? Quen non tivo medo? Pero os medos existen? E que pintan nos medos de hoxe os morcegos, os corvos ou os lobos ou o cabalo branco, que xa aparecían nos relatos celtas? Deamos unha volta pola igrexa de Pesqueiras. E os pozos dos ríos nos que habitan as xacias, as penas das mouras, os tesouros... existen ou non existen? E os pozos sen fondo? Non hai mellor cousa que dar unha volta polo Miño para sabelo. Este non é un libro que recree as lendas tradicionais. Tampouco son relatos nos que se recollen esas lendas. Outros xa fixeron moi ben ese traballo. Este é un libro que revive e actualiza os principais mitos galegos e lles dá unha nova visión. Unhas narracións convertidas en contos de lareira, que os traen á actualidade, con humor e sen chalecos mentais, para retratar tamén a sociedade actual á luz das crenzas do pasado. Neste libro hai moito de lenda, pero aínda hai moito máis de verdade. Procure a súa para ver se lle encaixa.
  • 15,00 Eur
  • 14,25 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar