-
5% dto.
-
-
-
Unidad(es)
-
Caracteristicas
- Páginas: 320
- Formato: 22,5x15x2,50 cm
- Fecha Edición: 2026
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Peso: 0,57 kg.
-
Afouteza celtista
Gramática do fútbol celeste
-
9791399166835
-
-
-
-
-
-
Este libro recolle un monllo de prosas celestes que o editor e mestre celtista Manuel Bragado compartiu nas tres últimas décadas. Escritas dende a urxencia da súa publicación inmediata e da ollada crítica dun abonado de Río Alto, dos que forman o lío, como desvelaba a foliada do grupo A Roda, recuperan do esquecemento algúns dos episodios máis destacados da historia celeste: a fundación centenaria; o significado das cores do vestiario; o carácter sagrado do estadio de Balaídos; a afouta sobriedade na obtención de grandes trofeos; a súa indiscutible competitividade na Primeira División, bautizada como afouteza, que o converteu no primeiro club de fútbol de Galicia seguido en todo o planeta. Textos escritos en tensión, coas emocións do seareiro e o espírito didáctico do profesor, sen perder a vontade de estilo nin a fala popular viguesa nin a retranca nin a hipérbole coa que se comparten xornadas celestes felices e outras de interminables padeceres celtistas. Crónicas de partidos dos adestradores das últimas décadas, nos que se dedica maior atención á revolución liderada por Claudio Giráldez, responsable da alquimia entre figuras experimentadas e promesas da canteira, que devolveu o Celta de Vigo á competición europea e fixo estoupar un novo celtismo global e interxeracional.