-
5% dto.
-
-
-
Unidad(es)
-
Caracteristicas
- Páginas: 238
- Formato: 22x15x1,80 cm
- Fecha Edición: 2026
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Libro no cosido / Encuadernación arráfica / P.
- Peso: 0,398 kg.
-
Poemáforos
-
9791399098594
-
-
-
-
-
-
Segundo libro da Colección Moraima, este tesouro cheo de sorpresas que é Poemáforos, de caste grega o seu nome, é unha mostra brillante de Poesía Aforística Celso Emilio, coma un arcano gardarroupa repleto de roupaxes de valor, o valor que teñen os pensamentos deixados ao antollo do fado, dentro do colo dun gastado libro, un segredo gardado, como o testemuño esquecido nas páxinas do sorbedoiro da vida, as cales abrollan agora de súpeto, cheas de xenio e carácter. Estes Poemáforos son poesía, pero moito máis que un simple axitar da lira. Están cheos de belixerancia e a súa presenza editorial é unha declaración de principios. Sitúanse do lado incorrecto, politicamente falando, no seu tempo e no tempo de hoxe. Hai neles toda intención política e ideolóxica posíbel. Esta obra reafirma a forza da Poesía Aforística Celso Emilio como vehículo de reflexión, memoria e identidade. A temática é variada e recorrente no caso da poesía de Celso Emilio: Galicia, emigración, os intelectuais do seu tempo, o poder, o desterro, a cultura, a amizade, a liberdade, o amor, etc. Este Libro roxo dos aforismos, ágape de aforismos moi ferreirianos que o envolve todo, crea ese artefacto de cincuenta e cinco anos de idade —fogar onde viviron esquecidos—, esta arma poética aforística sen contemplacións ao respectábel. Como barrenos nunha noite estrelada e apracíbel.
El libro pertenece a los siguientes catálogos