Ficha
Portada del libro Filosofía 1º Bach LOMLOE, de Miguel ángel Martínez Quintanar
- 5% dto.

  • 40,00 Eur
  • 38,00 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar

    Caracteristicas

  • Páginas: 270
  • Edición: 23082022
  • Idioma: Otras lenguas.
  • Filosofía 1º Bach LOMLOE

  • 9788499953984
  • Autor: Miguel ángel Martínez Quintanar

  • Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades da Xunta de Galicia. A intención perseguida por este manual é: • Satisfacer os máximos contidos establecidos no currículo, de conformidade coa LOMLOE. • Contribuír a desenvolver os saberes básicos nos que incide a materia de Filosofía 1.º Bacharelato. • Dar un fundamento sólido á continuidade da aprendizaxe, concretamente na materia de Historia da Filosofía de 2.º de Bacharelato. Este manual está artellado arredor dos tres saberes básicos que establece a LOMLOE, que en realidade son seis, repartidos en: A filosofía e o ser humano: 1. A reflexión filosófica arredor da propia filosofía. 2. O ser humano como suxeito e obxecto da experiencia filosófica. Coñecemento e realidade: 3. O problema filosófico do coñecemento e a verdade. 4. A cuestión da natureza última da realidade. Acción e creación: 5. A acción humana: filosofía ética e política. 6. A reflexión filosófica arredor da creación artística. Concretámolos en 8 temas por razóns didácticas e en relación coas competencias específicas que guían os criterios de avaliación. O que sería o noveno referido ás mulleres filósofas pareceunos máis acaído tratalo de xeito transversal en todos os temas. Cada tema consta de: 1. Portada ou páxina inicial de achegamento cunha obra de arte e un texto filosófico acompañado dunhas cuestións para pensar e traballar. 2. Saberes básicos ou desenvolvemento da temática por apartados, coa información imprescindible para adquirilos, organizada en varias partes correspondentes a cada saber básico. Ademais, nas marxes de todos os apartados hai textos filosóficos breves que ilustran os saberes básicos e poden ser comentados na aula ou fóra dela. Esta información complétase coa bibliografía proposta e as lecturas dos textos da Aula Virtual de Baía Edicións, que ao longo do libro veñen sinaladas co indicador Lectura [n.º]. Esta parte non pretende ser un fin en si mesmo, senón un apoio lector ao alumnado que lle permita construír a súa concepción non dogmática dos problemas e desenvolver o propio xuízo e autonomía moral. 3. A filosofía nos textos, fragmentos de textos filosóficos relevantes para ler e traballar que presentan o pensamento filosófico de autoría diversa, pero especialmente dando visibilidade ao pensamento das filósofas e puntos de vista non dominantes. 4. Actividades e Aplicacións diversas presentadas arredor de 5 modelos: • Ideas e conceptos. • Problemas. • Filosofemas que dan para pensar. • Texto. • Láminas ou cadros para comentar.
  • 40,00 Eur
  • 38,00 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar