¡TE LO BUSCAMOS!
Si estás buscando este libro y no tiene stock, nosotros lo buscamos por ti sin coste adicional.
Sólo tienes que dejarnos tu email, nosotros nos pondremos en contacto contigo en cuanto lo localicemos.

¡Búscamelo!


No te preocupes, únicamente nos pondremos en contacto contigo para avisarte cuando dispongamos del libro. En ningún caso tu mail será cedido a terceros, ni te enviaremos publicidad o spam.
Ficha
Portada del libro Bergan, de José Lorenzo Tomé
- 5% dto.

  • 14,35 Eur
  • 13,63 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
    • -


    • Unidad(es)

    Caracteristicas

  • Páginas: 210
  • Formato: 21x14 cm
  • Fecha Edición: 2019
  • Edición: 12042019
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Bergan

  • 9788499953120
  • Autor: José Lorenzo Tomé

  • Bergan é unha obra debedora d´A cidade branca, pero a súa historia actual, como o mundo debuxado no pensamento da Grecia clásica, está cambiada, transformada e semella en permanente movemento, quizais lineal, circular ou elíptico, pois todo cabe nel. O xénero fantástico empregado achégaa a obras recoñecidas na literatura universal e que a todas e todos non poden vir ao pensamento sen mencionar ningunha. Con todo, a súa apropiación da mitoloxía do noso país sitúao nunhas terras que nos son próximas, e contribúe tamén, non sabemos se intencionadamente, a evocar autorías que xogaron coa realidade e a fantasía ás que parece render homenaxe. O xogo literario, desde logo sorprendente, coa “presenza” de tres narradores para facernos comprensíbel a procura de Bergan, ademais de sumar visións que son recollidas, en realidade, por un narrador omnipresente, tamén nos propón a idea de que “todo é segundo os ollos cos que se mira”, de aí, quizais, as súas múltiples lecturas e interpretacións. *** Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o tempo mítico no que brillou por última vez, antes da súa postrema apoteose e ocaso, a Cidade da Estrela. Un tempo perdido no que, xunto aos homes e as mulleres, habitou, tamén, a Serpe. Nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte, a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos ter sido.
  • 14,35 Eur
  • 13,63 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
  • -