¡TE LO BUSCAMOS!
Si estás buscando este libro y no tiene stock, nosotros lo buscamos por ti sin coste adicional.
Sólo tienes que dejarnos tu email, nosotros nos pondremos en contacto contigo en cuanto lo localicemos.

¡Búscamelo!


No te preocupes, únicamente nos pondremos en contacto contigo para avisarte cuando dispongamos del libro. En ningún caso tu mail será cedido a terceros, ni te enviaremos publicidad o spam.
Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 5,20 Eur
  • 4,94 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
    • -


    • Unidad(es)

    Caracteristicas

  • Páginas: 225
  • Formato: 22,6x14,6 cm
  • Edición: 09072015
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Libro.
  • Peso: 0,12 kg.
  • Ela, piedade dos suicidas

  • 9788499951607
  • Autor: Xavier Lama López

  • Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014. Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras e, quizais, mómaros. O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no contorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepción coherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidoras do mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máis infernal: o do alén ou o dunha “vida” que aniquilou a Eurídice por sobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos son quen a redimirnos. E grazas. Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambicioso conseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestes tempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos. A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe. Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple pretexto ou produto subordinado.
  • 5,20 Eur
  • 4,94 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
  • -