Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 30,50 Eur
  • 28,98 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 504
  • Formato: 23,5x17x2,90 cm
  • Fecha Edición: 2015
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Peso: 0,866 kg.
  • Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega

  • 9788499148458
  • Autores: Vv.Aa, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez, Mar Fernández Vázquez, Blanca Ana Roig Rechou, Pilar Bendoiro Mariño, M.ª Isabel Soto López, Isabel Soto, Carmen Ferreira Boo, Eulalia Agrelo Costas, Mª Isabel Soto

  • A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil, na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos, como reflicte este traballo. A partir da organización secuencial en séculos, e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos, os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil, atendendo aos factores e axentes que propiciaron a súa conformación e asentamento, e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos. As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.
  • 30,50 Eur
  • 28,98 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock