Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 30,50 Eur
  • 28,98 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 440
  • Fecha Edición: 2014
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Peso: 0,73 kg.
  • Historia da Literatura Galega II

    De 1853 a 1916. O Rexurdimento

  • 9788499147642
  • Autores: Xosé Ramón Pena, Xosé Ramón Pena Sánchez

  • Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece –e resulta fornecida– de consistencia e sentido. Desde a publicación d’A gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.
  • 30,50 Eur
  • 28,98 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock