-
5% dto.
-
-
-
Unidad(es)
-
Caracteristicas
- Páginas: 40
- Formato: 23x25x1,00 cm
- Fecha Edición: 2026
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa dura - Con sobrecubierta.
- Peso: 0,51 kg.
-
Dez gatos aburridos
-
9788498718065
-
-
-
-
-
-
Dez gatos da casa pasaban os días ao quente da cheminea. Unha mañá fría e pachorrenta, aburridos de estar aburridos, puxéronse a botar contas: -Os gatos temos sete vidas. Somos dez, así que, entre todos, sumamos… SETENTA VIDAS! E ímolas malgastar pasmando diante da cheminea? -Ca!, Diso nada! Dez gatos aburridos é un conto redondo. E non só pola súa estrutura circular, senón tamén pola súa equilibrada combinación de inocencia, humor, acción e aventura. Dez gatos aburridos é tamén un conto matemático; unha invitación para xogar con sumas, restas e multiplicacións, ao longo dunha narración que reparte as súas liñas entre a tradición e a modernidade. Este álbum, que invita á aventura grupal e á aceptación do fracaso como unha forma de aprendizaxe, promove a perseveranza e a continuidade como actitudes esenciais. E é que Dez gatos aburridos é, ante todo, un canto á vida; unha chamada a non deixala pasar sen antes espremela (aínda que saibamos que dispoñemos de sete).
El libro pertenece a los siguientes catálogos