Ficha
Portada del libro O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico, de Mercedes Carrión Tejada
- 5% dto.

  • 15,90 Eur
  • 15,11 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar

    Caracteristicas

  • Páginas: 40
  • Formato: 25x1x480,00 cm
  • Fecha Edición: 2023
  • Edición: 01032023
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa dura - Cosido.
  • Peso: 0,48 kg.
  • O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico

  • 9788498716962
  • Autor: Mercedes Carrión Tejada

  • Ilustrador: Francesca Chessa

  • Perico estaba nervioso porque ía á escola por primeira vez. Ao cantar o galo, saltou da cama, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes, e saíu correndo; pero chegou tan tarde que xa marcharan todos. E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio!. O primeiro día de escola é unha nova aventura na que se mistura expectación, nerviosismo e afán por descubrir cousas novas. Nesta historia, Perico está ansioso por aprender, pero non é quen de organizar a súa loxística diaria para chegar a tempo. O pequeno cempés decide pedirlle axuda á gata e á araña que, malia lle daren sabios consellos, non conseguen resolver o problema. Finalmente serán as formigas, nas que Perico non confiaba nun principio, as que lle axuden a atopar a solución. A aventura de Perico, para a autora e narradora Mercedes Carrión, é unha historia de “superación e crecemento persoal”. O protagonista xa é sabio desde o momento no que asume o seu problema e decide poñer os medios para solucionalo, pois ten moi claro o seu obxectivo e non desiste no seu empeño. A súa constancia lévalle a resolver as dificultades, grazas á colaboración e o apoio das amizades. Na proposta plástica, Francesca Chessa traslada a enerxía e perseveranza de Perico ao conxunto da obra, a través dunha ambientación colorista e vital. Combina acrílicos con lapis e pasteis para dotar a imaxe de optimismo e humor, a través dunha gama cromática de cores cálidas e alegres Unha proposta moi especial que anima a entender a escola como un lugar estimulante e divertido.
  • 15,90 Eur
  • 15,11 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar