Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 24,70 Eur
  • 23,47 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 412
  • Formato: 21x13,5 cm
  • Fecha Edición: 2015
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Peso: 0,42 kg.
  • Editorial: GALAXIA
  • Elefantes de sokurov, os

  • 9788498656404
  • Autor: Antón Riveiro Coello

  • En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposicións ao ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida de anciás nun andar de Santiago. Almorza todas as mañás nunha cafetería da zona vella, onde un descoñecido escribe e le sen acougo. Janis adoita observalo e queda engaiolada pola súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese acontecemento en aparencia nimio, a protagonista da novela vai iniciar unha pescuda que a ha levar á súa infancia, á mocidade dos seus pais, a dos movementos xuvenís e as arelas de cambiar o mundo, e ao cabo, á descuberta dun enigma que, sen que Janis o saiba, ha marcar a súa vida. A través das historias dos seus personaxes, Riveiro Coello consegue vencellar pasado e presente, unindo inextricablemente a recuperación da memoria coa busca do senso da vida. Moi poucos novelistas conseguen transformar temas de actualidade coma os problemas da vellez, os desafiuzamentos, o traballo precario da mocidade e a pobreza nas rúas nun relato sobre o esencial da vida humana. Riveiro Coello é quen de o facer ao incrementar a capacidade de atracción das reviravoltas dunha trama coidada en todos os seus pormenores, co engado duns personaxes trazados de maneira vívida e cuns recursos literarios nos que a metáfora e o símbolo están ao servizo da narración. Os elefantes de Sokúrov é unha gran novela sobre o presente porque, desde o actual, nos fai concibir o tempo todo como un senso que libera.
  • 24,70 Eur
  • 23,47 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

El libro pertenece a los siguientes catálogos