-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 220
- Fecha Edición: 2015
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Peso: 0,30 kg.
- Editorial: GALAXIA
-
Viaxeiro radical, o
-
9788498656121
-
-
-
-
-
-
Publícase O viaxeiro radical, unha novela de Xerardo Quintiá na que este poeta e narrador conta a historia dun home extraordinario que, encirrado pola busca do inalcanzable, decide vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito consigo mesmo e coa sociedade. Unha obra de ficción que volve poñer de actualidade os logros artísticos da primeira literatura moderna da Nova Heloísa de Rousseau ao Wilhelm Meister de Goethe e os achados do pensamento idealista do século XIX.
O viaxeiro radical é unha novela baseada na figura de Manfred Gnädinger, artista alemán que en 1962 chegou á vila de Camelle despois dunha longa viaxe cruzando boa parte de Europa. Nese momento comeza a historia dun home extraordinario que, encirrado por un pulo de liberdade, decidiu vivir á marxe de calquera convencionalismo ou imposición, en permanente conflito cos que o rodeaban. Un artista ceibe e solitario, marxinal por convencemento e necesidade, que transformou a súa propia existencia coa finalidade de que Vida e Arte se fundisen ata formar un todo indisoluble.
A novela indaga nos aspectos que, en determinados momentos da vida do protagonista, o empurraron a tomar decisións controvertidas, e pretende achegarse á cerna do personaxe para comprender a razón da súa radicalidade existencial. Ao mesmo tempo, a ficción leva a quen le a facer unha reflexión sobre aspectos fundamentais que determinan a existencia, tales como o amor, a amizade e a busca do sentido da vida.
El libro pertenece a los siguientes catálogos