-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 232
- Formato: 22x1,8x14,61 cm
- Fecha Edición: 2007
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Peso: 0,35 kg.
- Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
-
Os pecados capitais
-
9788497825139
-
-
-
-
-
-
A soberbia de Andrés, un narcotraficante da ría de Arousa, lévao a asumir riscos e aventuras que o converten nun home rico, temido e adulado. Pero cando lle chega a hora da morte, Andrés ten que enfrontarse a todas as pantasmas do seu pasado, un pasado de maldade no que el sempre era necesariamente o primeiro, sen importar as formas nin os métodos para conseguilo. Con Andrés, xa no seu leito de morte, distintas persoas que conviviron con el e que agora agardan o seu pasamento, van relatando as súas convulsas relacións co narcotraficante e achegando, cadaquén, o seu particular punto de vista: o curo, a súa criada, o seu avogado, o seu fillo, o seu amigo Indalecioà, até a agardada confesión do propio Andrés. El mesmo tamén xulga a todos os que o rodean, arrogante e fachendoso, pracicamente ás portas da morte. Francisco A. Vidal obtivo con Os pecados capitais o Premio Terra de Melide 2005. Novela multiperspectivista (narrada dende o punto de vista de sete personaxes), de lectura engaiolante, aborda a historia dun home que quere triunfar nun país de emigrantes sen saír da terra. A fame por medrar conducirao ao contrabando de tabaco e máis tarde ao "próspero" negocio do narcotráfico. O xurado que outrogou o Premio Terra de Melide subliñou que o autor conseguiu unha gran profundidade na creación de Andrés, o personaxe central da novela.
El libro pertenece a los siguientes catálogos