-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 264
- Formato: 19x13 cm
- Fecha Edición: 2005
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Cosido.
- Peso: 0,27 kg.
- Editorial: ED. XERAIS DE GALICIA
-
O camiño de abaixo
-
9788497822817
-
-
-
-
-
-
Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dos anos cincuenta da " Asociación de Artistas Ceibes " da Coruña. Falecido prematuramente, aos vinte e catro anos, Casal deixou inédita a súa obra literaria, que só vería a súa luz en 1970 coa edición, prepararada por Raimundo Patiño, d' O camiño de abaixo, trece contos que, a pesar da súa publicación serodia, poden ser encadrables dentro da " nova narrativa " galega. A presente edición d' O camiño de abaixo, preparada pola profesora Teresa Bermúdez, inclúe un longo estudo introdutorio sobre a figura de Casal (sen dúbida o máis estenso dos publicados ata agora), os tresce contos da primeira edición de 1970, así como as tres narracións engadidas na edición de 1985 ( " Disquisicións dun señorito en materia de relixión " , " O neno " e " o traxe aldeán " . Completan o volume un apartado de apéndices onde se recollen diversos poemas e cartas sobre a figura de Xohán Casal, que este volume recupera. O camiño de abaixo é un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que o mozo Xohán Casal ceibou en plena " longa noite de pedra " ; un profundo berro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, ante o alleamento e sempre ante Galicia. Para Casal, a literatura era o instrumento supremo de comunicación e redención vital. A súa obra nace dun desexo de transcendencia e dunha insaciable paixón vital, expresada cunha sorprendente firmeza e lucidez. Esta edición presenta novas perspectivas sobre O camiño de abaixo, nunha aproximación actualizada pola rigorosa análise dos relatos e pola incorporación dos testemuños de amigos e familiares do escritor. Ademais, por vez primeira, danse á luz os deseños de Casal, cuxa existencia desvela unha faceta creativa descoñecida, que proporciona un correlato visual ao universo literario deste autor excepcional.
El libro pertenece a los siguientes catálogos