Inicio » Sociedad Y Ciencias Sociales » Sociología Y Antropología » Quen non ten un avó fascista?

Ficha
Portada del libro Quen non ten un avó fascista?, de Inma López Silva
- 5% dto.

  • 25,27 Eur
  • 24,01 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 254
  • Fecha Edición: 2022
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Peso: 0,32 kg.
  • Editorial: GALAXIA
  • Quen non ten un avó fascista?

  • 9788491519416
  • Autor: Inma López Silva

  • Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría. López Silva proponnos nesta súa obra máis persoal un relato emocionado co que persegue volver os feitos históricos á realidade diaria das persoas que os protagonizaron sen sabelo, para expresar así a dor real dos dilemas éticos e a necesidade certa de seguir vivindo malia a guerra, a ditadura e a represión. Estamos, por iso, diante dunha deliciosa alegación antifascista escrita desde as tripas do propio fascismo e construído para proxectarse sobre o presente a modo de reflexión, ou quizais aviso.
  • 25,27 Eur
  • 24,01 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

El libro pertenece a los siguientes catálogos