Ficha
Portada del libro As desterradas, de Carme Varela
- 5% dto.

  • 18,95 Eur
  • 18,00 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 108
  • Formato: 21x13 cm
  • Fecha Edición: 2021
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Peso: 0,159 kg.
  • As desterradas

  • 9788491219064
  • Autor: Carme Varela

  • Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir. "As desterradas" adéntrase no enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado. A peza recrea eses días finais no mosteiro de Albeos, dos que non chegou documentación a nós porque, como o Padre Colombás deixou dito, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do apoio da curia romana ás monxas galegas: "cada hora nos dicen que nos han de destruir como los templarios, y aun por tales y peores nos tienen. Pues nuestro santísimo padre el Papa nunca nos llama sino herejes".
  • 18,95 Eur
  • 18,00 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock