¡TE LO BUSCAMOS!
Si estás buscando este libro y no tiene stock, nosotros lo buscamos por ti sin coste adicional.
Sólo tienes que dejarnos tu email, nosotros nos pondremos en contacto contigo en cuanto lo localicemos.

¡Búscamelo!


No te preocupes, únicamente nos pondremos en contacto contigo para avisarte cuando dispongamos del libro. En ningún caso tu mail será cedido a terceros, ni te enviaremos publicidad o spam.
Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 17,95 Eur
  • 17,05 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
    • -


    • Unidad(es)

    Caracteristicas

  • Páginas: 210
  • Formato: 21x14x1,20 cm
  • Edición: 19022019
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Bolsillo (España) - Trade paperback (EE.UU).
  • Ao voso gusto e Medida por medida

  • 9788484874362
  • Autores: William Shakespeare, Miguel Pérez Romero

  • Este volume reúne dúas comedias de William Shakespeare de moi distinta índole que son boa mostra da amplitude do seu xenio. AO VOSO GUSTO (probablemente escrita e estreada en 1599) é unha comedia romántica e pastoril. Varios personaxes, que foxen da corte vítimas de distintas inxustizas (un duque deposto por seu irmán, acompañado dun pequeno grupo de leais; a súa filla Rosalinda, desterrada polo tío e acompañada pola súa prima Celia; o xove Orlando, desposuído e maltratado por seu irmán maior, acompañado por un vello e fiel servente), coinciden no idílico bosque de Arden, onde transcorre a maior parte da obra, e alí atoparanse con algúns dos seus moradores. É unha comedia brillante e divertida. A súa protagonista, Rosalinda, é o personaxe feminino máis atractivo e encantador de Shakespeare. Disfrazada de home, xogando coa ambigüidade sexual, será a forza motriz que levará os enredos da obra a un final feliz. Pero hai tamén outros personaxes de grande atractivo: o melancólico Xacobe, o bufón Pedradetoque, os pastores Silvio e Feba… A acción de MEDIDA POR MEDIDA (1604) está situada nun contexto urbano, cos seus baixos fondos incluídos. É una obra de cores escuras, cuns personaxes demasiado humanos para unha comedia, constantemente no límite da traxedia, polo que máis propiamente hai que cualificala como traxicomedia. O duque de Viena decide ausentarse por tempo indefinido e deixa o goberno da cidade en mans de Ánxelo, home de moralidade estrita que está decidido a poñer freo ao que considera crecente libertinaxe sexual. Condena a morte a Clodio, que vai ter un fillo coa súa prometida. Isabel, unha noviza irmá de Clodio, é convencida para que interceda por el ante Ánxelo. Este accede a perdoalo, pero cunha condición. É unha obra que invita a reflexións morais sobre a corrupción e abuso do poder, a sexualidade, a mentira, a xustiza e o perdón. Dunha asombrosa modernidade, cun final aberto que na lectura queda en mans do lector e no escenario nas de actriz que interpreta a Isabel
  • 17,95 Eur
  • 17,05 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
  • -