Inicio » Fin de festa

Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 10,60 Eur
  • 10,07 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar
  • Fin de festa

  • 9788484873587
  • Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a;guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo;día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran;os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de;catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.;Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó;de branco e vermello, cando era cativa vogueina a carón de;papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo;en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.;A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondas;como unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, de;case todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidade;nunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixo;da casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ó;despece, soméllame que se iría un ser máis da familia.;As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quen;son, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só fico;segura de chamarme como a nosa chalana, intúo que esa particular;circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.;Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme e;unida á terra, á orixe, ós ancestros, algún día levarame de volta.;Os solitarios, bebedores e vagabundos de?Fin de Festa? forman;parte desa mesma identidade, unha intelección do mundo;tolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desde;o asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.;Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide a;denuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso;sobre o canto ós?saudosos? protagonistas do libro, paira tamén;o mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapaza;que podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a conta;dos máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoito;son xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levou;a varias xeracións por diante, transformou en zombis como os;que Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unha;xuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.?;Diana Varela
  • 10,60 Eur
  • 10,07 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar