-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 36
- Formato: 22x22 cm
- Fecha Edición: 2010
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa Dura.
- Peso: 0,33 kg.
- Editorial: KALANDRAKA
-
Os catro amigos
-
9788484647331
-
-
-
-
-
-
Conto dos irmáns Grimm. Orneos, ladridos, miaños e cánticos avícolas resoan nas páxinas deste clásico. Un cuarteto de músicos, dende Bremen para o resto do mundo. Un burro, un can, un gato e un galo son os protagonistas deste relato dos irmáns Grimm que anima a non decaer pese ás dificultades, porque sempre haberá oportunidades para saír adiante. Partindo de que ninguén é imprescindible, esa historia destaca que todos somos útiles para desempeñar unha función na vida. Ademais, suxire que a unión fai a forza cando os animais conseguen escorrentar os malfeitores que atopan nunha casa do bosque. «Os catro amigos», tamén coñecido como Os músicos de Bremen, é o conto máis significativo desta cidade alemá, afamada polo seu carácter liberal, acolledor e aberto. Dende 1953 unha estatua onda o concello enxalza a figura deste singular cuarteto. As ilustracións de Gabriel Pacheco, co seu estilo tan definido, presentan uns animais humanizados, ataviados e caracterizados. A sinxeleza das escenas, a intensidade das cores, a calidez das texturas e a mestría dos clarescuros fan deste libro un clásico actualizado.
El libro pertenece a los siguientes catálogos