Inicio » Lenguas » Lingüistica » A lingua de Viana do Bolo

¡TE LO BUSCAMOS!
Si estás buscando este libro y no tiene stock, nosotros lo buscamos por ti sin coste adicional.
Sólo tienes que dejarnos tu email, nosotros nos pondremos en contacto contigo en cuanto lo localicemos.

¡Búscamelo!


No te preocupes, únicamente nos pondremos en contacto contigo para avisarte cuando dispongamos del libro. En ningún caso tu mail será cedido a terceros, ni te enviaremos publicidad o spam.
Ficha
Portada del libro A lingua de Viana do Bolo, de Concepción álvarez Pousa
- 5% dto.

  • 10,00 Eur
  • 9,50 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
    • -


    • Unidad(es)

    Caracteristicas

  • Páginas: 267
  • Fecha Edición: 2023
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo.
  • A lingua de Viana do Bolo

    Descrición e textos

  • 9788481589481
  • Autor: Concepción álvarez Pousa

  • O presente volume trata de achegar un coñecemento sistematizado sobre as características lingüísticas deste concello ourensán situado nun enclave lingüístico singular a carón das Portelas (Zamora) e relativamente próximo ao Bierzo (León). O vianés é unha variedade do galego oriental pertencente á microsubárea O Bolo-Viana, encadrada na subárea Valdeorras-Viana da área oriental-central, con características diferenciadoras do galego común. A obra iníciase cunhas notas sobre a comarca da Terra de Viana e a historia, a sociedade e a situación sociolingüística de Viana do Bolo, seguido de capítulos sobre o bloque oriental na dialectoloxía galega e sobre Laureano Prieto, pioneiro no estudo do vianés. A continuar faise unha descrición da variedade vianesa tendo en conta fenómenos fonéticos, morfolóxicos e sintácticos, seguida dun estudo do cambio lingüístico a partir de variables deses fenómenos e dalgúns termos léxicos. Asemade, sinálanse as características lingüísticas comúns co galego das Portelas (Zamora), do Bierzo (León) e do valego (Cáceres); e no caso do léxico ofrécense 50 termos, uns propiamente vianeses, outros compartidos co galego común, pero cun matiz especificamente vianés e común en varios casos co galego zamorano, berciano e valego. A obra complétase cunha escolma de 25 etnotextos, correspondentes a 25 parroquias vianesas, nas voces das persoas informantes, e onde a economía, a etnografía, a historia local, a paisaxe, a tradición e a vida falan dunha Terra que atesoura unha lingua e que amosa a gran riqueza dun ámbito oriental no conxunto do patrimonio lingüístico e cultural galego.
  • 10,00 Eur
  • 9,50 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • No disponible
  • -