Inicio » Infantiles, Juveniles Y Didácticos » Material Didáctico » Operacións administrativas de compravenda

Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 28,00 Eur
  • 26,60 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar

    Caracteristicas

  • Páginas: 282
  • Formato: 1,4x21,2x26,80 cm
  • Fecha Edición: 2016
  • Edición: 31052016
  • Idioma: Castellano, Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo.
  • Peso: 0,76 kg.
  • Operacións administrativas de compravenda

    Operacións administrativas de compravenda

  • 9788428338073
  • Autor: Josefa Carmen Barreiro Veloso

  • Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a documentación que xera a actividade de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as declaracións da empresa na Axencia Tributaria. Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios. Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática. Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia. En definitiva, Operacións administrativas de compravenda contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral, aplicando os protocolos establecidos pola empresa. A autora, Perito Mercantil, cursou estudos nas escolas superiores de Comercio de Vigo e Cádiz. É profesora titular do Departamento de Administrativo no IES Escolas Proval de Nigrán e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión.
  • 28,00 Eur
  • 26,60 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar