Ficha
Portada del libro Debaixo do asfalto, a flor., de Mónica Rodríguez Suárez
- 5% dto.

  • 18,00 Eur
  • 17,10 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 32
  • Formato: 27,5x20x1,10 cm
  • Fecha Edición: 2025
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa Dura.
  • Peso: 0,387 kg.
  • Debaixo do asfalto, a flor.

  • 9788419684349
  • Autor: Mónica Rodríguez Suárez

  • Colaborador: Ina Hristova

  • Ilustrador: Rocío Araya

  • Traductor: José Luis Garrosa Gude

  • Debaixo do asfalto, houbo unha vez unha flor. E a carón da flor, un val. Alí, onde está o farol de ferro había unha árbore que era grande coma un bosque, e tamén e un vento que viña do sur e que non tiña nome. E aquí, xusto aquí, nesta rúa de cemento que agora cruzamos, había unha terra verde e un río de augas sonoras coma triángulos. Foi neste bordo, a carón do sumidoiro, onde medraba a flor. Daquela non había nin cidade nin patios, só árbores, só o río. E ata aí, preto do río, chegou o carro cos vendedores ambulantes. A familia do vendedor ambulante era grande. Con el viaxaban varios nenos, un vello e algunhas galiñas. Ían todos no carro, amoreados coa quincalla e coas potas e cos cestos que despois vendían polas aldeas. Montaron unha tenda e, xa á noite, fixeron unha fogueira. As mulleres facían cestos con vimbios e con canas, e levaban mantas sobre os ombreiros e o pelo solto. O vendedor ambulante bebía café nunha cunca de cobre, miraba para o ceo e ninguén sabía que pensaba. O ceo era moi alto e moi negro, e estaba inzado de estrelas. As estrelas reflectíanse nas augas do río. Aos nenos gustáballes mirar aquel ceo, que non tiña final. E o río, que tampouco o tiña.
  • 18,00 Eur
  • 17,10 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

Libros Relacionados: