-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 208
- Formato: 23,5x15,5 cm
- Fecha Edición: 2025
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Bolsillo (España) - Trade paperback (EE.UU) -.
-
Historia Do Antigo Concello De Conxo
-
9788418567834
-
-
-
-
-
-
O histórico barrio de Conxo, ao sur de Santiago de Compostela, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da clase traballadora, dende o Banquete democrático de 1856 ata os movementos obreiros de 1898, pasando pola creación e mantemento da súa Sociedade Benéfica.
Ademais, o Conxo histórico das oito parroquias mantén un valiosísimo patrimonio, con tesouros únicos: a memoria milenaria do seu petróglifo e castro, o románico do seu antigo mosteiro, o barroco da actual igrexa parroquial, ou a fortaleza da Rocha, símbolo das loitas dos irmandiños contra os señores feudais.
De todo isto, e tamén da vida cotiá no concello, do seu asociacionismo, e do papel das mulleres, trata este valioso volume. Participan dez especialistas con novos traballos de investigación, historiadores e historiadoras que levan a cabo unha reconstrución honesta e documentada dos noventa anos nos que Conxo foi independente. O obxectivo, como afirma o seu coordinador, Rafael García Ferreira, é transmitir os feitos con fidelidade e lectura critica do pasado.
El libro pertenece a los siguientes catálogos