Inicio » Sociedad Y Ciencias Sociales » Educación Pedagogía » Filosofía Y Teoría De La Educación » Realidades e horizontes da educación en Galicia

Ficha
Portada del libro Realidades e horizontes da educación en Galicia, de Varios Autores
- 5% dto.

  • 22,00 Eur
  • 20,90 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 336
  • Formato: 21,5x15 cm
  • Fecha Edición: 2024
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Realidades e horizontes da educación en Galicia

  • 9788413433257
  • Autor: Varios Autores

  • Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional: a presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanato da Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou, máis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.

    Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas, entre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicos e modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa, ao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega. 

    Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños –reconvertidos en temas, reflexións e propostas– dun amplo e diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativas de distintas sensibilidades e pareceres, que –dun xeito ou doutro– mantiveron ou manteñen relacións de amizade e aprecio con Antón Costa.

  • 22,00 Eur
  • 20,90 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock