-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 645
- Formato: 21x14x0,50 cm
- Fecha Edición: 2022
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Libro no cosido / Encuadernación arráfica / P.
- Peso: 0,136 kg.
-
A vida de lonxe
-
9788412633429
-
-
-
-
-
-
No ano 1833, noméase a Pontevedra como capital da provincia. Este cambio administrativo significou unha nova andaina para a vila, que un ano despois obtivo o título de cidade. A capitalidade atraeu novas institucións, actividade comercial e nova poboación. A necesidade dunha reforma urbana levou aparellada o derrubamento das antigas murallas, de xeito que se abren novas rúas como Michelena ou Oliva, tamén se planifican novos espazos de lecer como a Alameda. No ano 1884, chega o ferrocarril, e no 1888, a luz eléctrica. Nos primeiros anos do século XX, a diáspora pontevedresa deixará a súa pegada, os indianos invisten na cidade fornecendo a modernización de Pontevedra coa construción de fermosas edificacións: Villa Pilar ou o coñecido Café Moderno, testemuña de conversas de persoeiros do talle de Castelao, son un bo exemplo. A posta en marcha do tranvía favorece a comunicación con Marín e o desprazamento ás praias. Porén, a decadencia deste transporte deu paso ao trolebús, o «trole» coma era coñecido agarimosamente na cidade. O seu andar silandeiro e calmo foi quen de deixar unha pegada que, hoxe, simboliza a cidade do Lérez, unha Boa Vila envorcada nas rúas e nos faladoiros ao redor dun café con doces. A vida de lonxe conta un encontro casual, o cruzamento de miradas serve para iniciar unha conversa. As palabras son coma un feitizo que sacan á luz lembranzas que a protagonista tiña agochadas. A reunión interrómpese de súpeto, é hora de marchar. Aínda hai moito do que falar. Mentres, a vida cotiá transcorre nas rúas, nos bares e nos cafés do Ensanche pontevedrés como un actor secundario que envolve os protagonistas. A seguinte cita non será tan doada.
El libro pertenece a los siguientes catálogos