Inicio » Humanidades » Historia » Historia: Acontecimientos Y Temas Específicos » Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra

Ficha
Portada del libro
- 5% dto.

  • 22,00 Eur
  • 20,90 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

    Caracteristicas

  • Páginas: 240
  • Formato: 24x17x3,00 cm
  • Fecha Edición: 2021
  • Edición: 25082021
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Cubierta laminada - Con solapas - Libro no co.
  • Peso: 0,40 kg.
  • Represión e depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra

    análise teórica e estudo por partidos xudiciais, concellos e parroquias (1936-1942)

  • 9788412426922
  • Autores: Raquel Vázquez Ramil, Angel Serafín Porto Ucha

  • Neste libro sobre a depuración do maxisterio na provincia de Pontevedra estudamos un proceso que afectou á práctica totalidade do profesorado, salvo algunhas excepcións que quedaron á marxe. Os profesionais máis identificados coas iniciativas socio educativas republicanas foron os que recibiron castigos máis severos. A moitas e moitos profesionais do ensino que sobreviviron á traxedia da guerra civil ou da incivil guerra non lles quedou máis saída que sumirse nun particular e duro exilio interior, do que en boa maneira se beneficiou o franquismo. Os obxectivos deste traballo son: • Analizar as características de dous sistemas educativos enfrontados e antagónicos: a escola republicana fronte á escola franquista. • Profundar nos aspectos de política escolar, reformas e innovacións no período republicano, que axudan a describir, comprender e explicar o posterior proceso de depuración e represión do maxisterio. • Describir os procesos de depuración e represión mediante a análise cuantitativa e cualitativa de todos os implicados. Pola Comisión Provincial de Depuración pasaron arredor de mil oitocentos profesionais do ensino primario da provincia de Pontevedra. • Descifrar as distintas fases da depuración do maxisterio, que ás veces tenden a confundirse. • Constatar as diferentes sancións impostas, que figuran de xeito moi pormenorizado, tanto no corpo do traballo como no anexo final, seguindo unha orde alfabética. • Elaborar a nómina de todos os mestres e mestras da provincia de Pontevedra sometidos ao proceso de depuración. Unha cuarta parte, aproximadamente, dos que pasaron pola depuración foron sancionados. • Recoller noticia dos mestres que foron mortos (paseados, fusilados, etc.), e que roldan a trintena. A nosa intención é contribuír á recuperación da memoria histórica do maxisterio pontevedrés nos anos da guerra e posguerra. Os afectados non foron solo os mestres e mestras, senón tamén as súas familias, os amigos, as relacións máis ou menos extensas. Cabe dar nome e lugar na Historia a todos eles e elas, non sempre aos mesmos, como se tende a facer a miúdo por diferentes motivos. Compartimos neste libro a premisa de Ortega: “O pasado non nos dirá o que debemos facer, senón o que deberiamos evitar”.
  • 22,00 Eur
  • 20,90 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock

El libro pertenece a los siguientes catálogos