-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 272
- Formato: 23x15,5 cm
- Fecha Edición: 11/02/2027
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Peso: 0,363 kg.
-
Os segredos do Lugar Grande
-
9788411109222
-
-
-
-
-
-
Milio e Lena, un matrimonio estable pero sometido ao desgaste e á rutina, levan máis de corenta anos vivindo en Bilbao, cidade en que criaron os seus fillos e viron nacer as súas netas. Milio, agora xubilado, sempre desexou regresar e instalarse definitivamente na súa casa familiar da aldea de Cabanas, onde pasan todos os veráns, mais Lena non esta disposta a levar a cabo este cambio na súa vida. A chegada ao lugar de novos habitantes, que buscan outras formas de vida e oportunidades de traballo e negocio, ás veces incompatibles coas establecidas na zona, así como un reencontro inesperado e a enigmática desaparición dunha moza, tensarán moito as relacións entre a veciñanza e alterarán a tranquilidade da aldea. «Os segredos do Lugar Grande» combina intriga, emoción e unha mirada actual ao rural galego. Manuel Iglesias Turnes volve sorprendernos cunha novela atractiva, unha historia de personaxes con reflexións sobre o apego á terra, o amor e algunhas decisións vitais difíciles de tomar.
El libro pertenece a los siguientes catálogos