-
5% dto.
-
-
-
Unidad(es)
-
Caracteristicas
- Páginas: 176
- Formato: 23x15,5 cm
- Fecha Edición: 2026
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Peso: 0,241 kg.
-
O derradeiro gimlet
-
9788411108614
-
-
-
-
-
-
Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, mentres o inverno insiste en recruar con intensidade. Todo vai ben durante os primeiros días. Amador esfórzase por manter unha rutina ordenada, goza da soidade correndo pola praia e revisa os erros cometidos no pasado. Pensa que axiña regresará á cidade convertido nun policía distinto, a salvo dos seus impulsos. Pero as cousas cambian cando coñece a Lola e Ismael, dous enigmáticos habitantes da zona, que o arrastrarán a tomar unha decisión insospeitada. Con homenaxes ao fatalismo de James M. Cain e ao romanticismo de Charles Williams, «O derradeiro gimlet» presenta unha historia onde se entrecuzan crime, desexo e amoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con aromas de «noir» clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.
El libro pertenece a los siguientes catálogos