-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 168
- Formato: 23x15,5 cm
- Fecha Edición: 2026
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo.
- Peso: 0,374 kg.
-
O lado nobre
X Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira
-
9788411108195
-
-
-
-
-
-
Cando o pai da protagonista de «O lado nobre» ingresa no hospital cunha enfermidade autoinmune, dá comezo unha estadía que se prolongará durante meses de incerteza, complicacións e loita pola supervivencia. Entre analíticas, bacterias resistentes, illamentos e a dureza do sistema sanitario, a familia constrúe un refuxio de amor, complicidade e tamén moito humor para resistir nesa delicada situación. Irene Lourido tece nesta novela un relato persoal e conmovedor, unha crónica íntima sobre os coidados, a dependencia e a fraxilidade da vida. Cun estilo directo e emotivo, os textos máis instrospectivos vanse fundindo con anécdotas de momentos vitais, nun exercicio de memoria e noutro de proxección ante a necesidade de atopar beleza e dignidade nos momentos máis difíciles. «O lado nobre» é un testemuño valente sobre a enfermidade, pero tamén unha celebración da resistencia humana e da tenra relación entre unha filla e o seu pai, que nos convidan a unha xornada de portas abertas á intimidade que eles dous construíron ao longo dos anos.
El libro pertenece a los siguientes catálogos