-
5% dto.
Caracteristicas
- Páginas: 384
- Formato: 23x15,5 cm
- Fecha Edición: 2024
- Edición: 1
- Idioma: Gallego.
- Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
- Peso: 0,507 kg.
-
A soidade do inquisidor
-
9788411105590
-
-
-
-
-
-
Durante o último terzo do século XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica no condado de Monterrei. O licenciado Xoán de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores.
A aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en estrañas circunstancias provocará que a pescuda se vexa alterada e que dea paso a unha intricada historia na que se verán implicados frades do colexio dos Xesuítas, o intransixente inquisidor Diego de la Cantera, a condesa dona Inés de Velasco e outros moitos personaxes. Arredor deles vaise tecendo unha conexión entre as accións guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebía ambulante, o colexio xesuíta e unha confraría pagá practicante de antigos ritos.
A trama e o desenlace desta novela negra con fondo histórico seduce polo seu trepidante ritmo e por unha narrativa que nos mergulla nunha atmosfera de intriga atravesada pola transgresión, a intolerancia e a liberación.
El libro pertenece a los siguientes catálogos