Ficha
Portada del libro Cachita, o paraugas e mais eu, de Rosa Aneiros
- 5% dto.

  • 15,95 Eur
  • 15,15 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • Disponible próximamente
    • -


    • Unidad(es)

    Caracteristicas

  • Páginas: 40
  • Fecha Edición: 15/10/2026
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa dura - Cosido.
  • Cachita, o paraugas e mais eu

  • 9788411104128
  • Autor: Rosa Aneiros

  • Ilustrador: Miguelanxo Prado

  • «De súpeto, unhas mulleres guindaron pedras contra a casa do alcalde e, coma unha castaña sen picar no lume, estourou a rebelión. A irrupción da Infantería e Cabalería da Garda Civil desatou o pánico e comezaron caer corpos ao chan. Cachita liscou a fume de carozo. "Teño que ir, Lucía, pareceume ver a mamá!" Corrín atrás dela, subín ao faiado, apañei o meu prezado paraugas encarnado e tendinllo: "Terma, necesitarás algo para te defenderes".» En 1918 prodúcese na bisbarra de Ferrol a coñecida como «Revolta das pedradas», un movemento liderado por mulleres que protestaban pola alza do prezo da fariña e a escaseza de provisións. Como consecuencia da Gran Guerra, os comerciantes acaparaban produtos de primeira necesidade para vendelos fóra a un custe máis elevado e, o pouco que distribuían, tiña prezos prohibitivos. Fartas das restricións e da inacción das autoridades, as mulleres (labregas, panadeiras, obreiras) e os traballadores do arsenal organizaron comisións e convocaron folgas, manifestacións e asaltos a comercios para requisaren alimentos de primeira necesidade. Nese contexto convulso nace a amizade inquebrantable entre as nenas Lucía e Cachita. «Cachita, o paraugas e mais eu» é o terceiro título da colección Pequena Memoria, para recuperar as voces silenciadas da historia.
  • 15,95 Eur
  • 15,15 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • Disponible próximamente
  • -