Ficha
Portada del libro O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón
- 5% dto.

  • 28,95 Eur
  • 27,50 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
    • -


    • Unidad(es)
    • Comprar

    Caracteristicas

  • Páginas: 768
  • Formato: 24x17 cm
  • Fecha Edición: 2022
  • Edición: 1
  • Idioma: Gallego.
  • Encuadernación: Tapa blanda o Bolsillo - Con solapas.
  • Peso: 1,148 kg.
  • O libro negro da lingua galega

  • 9788411101196
  • Autor: Carlos Callón

  • Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro para a lingua que nos une.
  • 28,95 Eur
  • 27,50 Eur

  • * Gastos de envío no incluidos.


  • En stock
  • -


  • Unidad(es)
  • Comprar